O pasado sábado día 27 de Outubro tivo lugar no restaurante Tamanaco da Illa de Arousa a cea de final de tempada organizada pola A.C.D.Dorna. A dito evento
asistiron unhas 130 persoas, e este ano tivemos a honra de contar coa presencia
da Directora Xeral de Deportes da Xunta de Galicia, Dona Marta Souto que fixo
entrega do trofeo aos gañadores do III Trofeo Galicia de Dornas a vela que cada ano organiza a Fgcmf xunto con outras catro asociacións ( Dorna da Illa, Fasquía da Illa, Dorna Meca do Grobe e Mariño Salnés de Cambados). Os outros trofeos entregounos a Concelleira de Cultura e Deporte da Illa e o Presidente da Federación. Tamén se fixo entrega da dorna de prata, gañada en Riveira pola A.C.D.Dorna, ao Concello da Illa.
Lembramos que os tres primeiros clasificados foron:
1. Nécora, da ACD Dorna, con Braulio e Jarri
2. Cariñosa, do Náutico da Illa, con Checo e Victor
3. Xarandeira, de Fasquía, con Santi e Juan