Estratexías Turísticas no Golfo Ártabro. Xornada

Mañán 21 de xuño a partir das 17:00 horas vai ter lugar en Sada a Xornada Estratexías Turísticas no Golfo Ártabro.
Organizada polo GAC Golfo Ártabro, vai ter unha primeira parte adicada ao turismo mariñeiro, coa presencia de representantes de Guimatur, MarGalaica e Pescanatur, e unha segunda adicada a outras actividades relacionadas co mar que contará coa presencia de representantes de empresas relacionadas co mar e expertos en turismo.