Estudo de enxeñaría dos llauts Rafael e Sant Isidre

O Rafael e o Sant Isidre, foron estudiados por José Roselló Tur no seu proxecto de fin de carreira Evaluación de embarcaciones “llaut”, utilizando las modernas herramientas de análisis disponibles en la ingeniería naval co que obtivo o título de enxeñeiro técnico naval na Universidad Politécnica de Cartagena. Baseandose nos planos debuxados por Vicente Garcia-Delgado e baixo a dirección de Francisco Blasco Lloret e Humberto Martinez Barberá, o autor elaborou uns modelos dixitais dos barcos para poder aplicarlles as ferramentas de análise que normalmente se aplican a barcos modernos.

Os resultados do traballo indican que é posible usar os programas de deseño de enxeñaria naval cos barcos tradicionais, pero que precisan a adaptación a aspectos como o estudo do aparello de vela latina. Este traballo pode ser de interese para os estudantes das enxeñarías e para calquera afeccionado aos barcos tradicionais, xa que ademais de incorporar os datos obtidos no estudo tamén inclue os planos dos llauts feitos por Vicente Garcia-Delgado.