Evento de apoio á Candidatura do Patrimonio en Melgaço

Os días 3, 4 e 5 de xuño vai ter lugar en Melgaço o evento de promoción da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués Galiza e Norte de Portugal: Un patrimonio para o futuro. Con música tradicional, artes e oficios, xogos populares, e gastronomía.
O sábado 4, as 17.30h, presentarase neste evento o VII Encontro de embarcacións, e as 18.00h a revista Ardentía.
Pódese atopar mais información na web da Cámara Municipal de Melgaço ou consultar o programa en pdf (560 KB).