[img_assist|nid=9902|title=|desc=|link=none|align=none|width=390|height=259]
En Ferrol, no edificio de Herrerías, ten a súa sede Exponav, a Exposición Nacional da Construción Naval.
Un museo/exposición adicado a recoller e mostrar o que foi e é a construción naval nos últimos séculos.
Inaugurada a mediados do pasado ano, acaba de abrir o seu sitio web.
Este web ofrece unha información moi completa sobre todo o proxecto, sobre a Fundación Exponav, sobre o edificio que alberga a exposición, e sobre os fondos que se mostran.
É especialmente destacable a gran cantidade de fotografías dos materiais expostos, que nos permiten facernos unha idea do que se pode ver se se visita a exposición.
Un moi recomendable web, e un bo recurso para preparar unha visita á Exponav.