Exposición “A carpintería de ribeira. A fráxil beleza dun oficio”. Museo do mar de Galicia. 27/07

  • Cando: venres 27 xullo 2018
  • Hora: 20:00
  • Lugar: Sala de exposicións temporais do 2º edificio do museo

A exposición permanecerá abertano horario de apertura habitual do museo dende o 28 de xullo e a entrada será GRATIS coa entrada ao museo (3 € entrada xeral, 1,50 € entrada reducida- estudantes, desempregados/as, xubilados/as e familias numerosas- e os menores de 8 anos non pagan)

Nesta exposición móstranse 50 fotografías que foron seleccionadas de entre todas as presentadas ao I Concurso de fotografía Museo Massó 2017 dedicado á carpintaría de ribeira tradicional.

A carpintería de ribeira tradicional trátase dun patrimonio histórico que comprende tanto as técnicas de navegación tradicionais e as embarcacións tradicionais, como o oficio e o taller ou estaleiro, as fotografías tratan de reflexar e poñer en valor un pouco deste mundo que tende a desaparece dende que entrou en crise xa fai anos por mor da regresión da pesca artesanal, a introdución de novas técnicas de construción naval e pola falta de protección.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.