O CEIDA organiza a exposición ‘A Mar Asoballada’, nova proposta artística dos colectivos RetoqueRetro e Mar de Fábula, que nesta ocasión contan tamén coas obras de Ars Ciencia e a súa mostra Mare Plasticum. A exposición é unha proposta conxunta de concienciación ambiental e fonte de inspiración que debera levarnos a un necesario replantexamento de relacións entre a sociedade actual e o mar.
Toda a obra incorpora os residuos que o mar nos devolve con maior intensidade: o lixo – principalmente os plásticos- procedentes da descontrolada actividade humana.
A inauguración terá lugar este venres, 6 de setembro, ás 20 h. na pranta baixa do Castelo de Santa Cruz (Oleiros). Ao finalizar o acto, os/as asistentes serán convidados/as a un viño.
Máis información sobre a exposición e os artistas en: http://www.ceida.org/gl/educacion-e-divulgacion/a-mar-asoballada