Vaise presentar o vindeiro día 1 de abril ás 17:30 h no Navio Hospital Gil Eannes, en Viana do Castelo, a segunda edición do libro Faina Maior – A Pesca do Bacalhau nos Mares da Terranova, da autoría de Ana Maria Lopes e Francisco Marques.
Ana Maria Lopes é tamén autora do blog Marintimidades, feito “para falar das coisas do mar, da ria, de embarcações, de artes, de museologia marítima e de eventos que surjam dentro desta área, publicitando-os, e sobre eles detendo um olhar…”. Este blog é unha preciosa fonte de información sobre o mar de Portugal.