Faleceu Toño o cesteiro

Toño durante o festival marítimo de Brest no ano 2008.

Hoxe soubemos do pasamento de Toño o cesteiro. Enviámoslle á súa familia e amigos o noso pésame. Toño foi un compañeiro que estivo presente en moitas das actividades que organizamos, xa fora na súa faceta de cesteiro, facendo demostracións do seu gran coñecemento da cestaría relacionada co mar e os ríos, xa fora como participante en Encontros e xuntanzas.

Sentimos fondamente a súa perda.

Convidámosvos a ver este documental que nos achega á sua figura: Cesteando.

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *