No fin de semana do 1 ao 3 de xullo terá lugar no Freixo, municipio de Outes, a primeira edición da súa Feira Náutica.
O evento contará con feira sectorial, bolsa de emprego, mostra de embarcacións tradicionais, travesías marítimas, roteiros divulgativos, gastronomía e música e infinidade de actividades a carón do mar. Culturmar participará activamente no programa.
Convidámosvos a seguir as novidades da Feira a través das redes sociais do Concello de Outes e Turismo en Outes.