En Fene.com, Jacobo Aguilar, está a facer un magnífico traballo de recopilacion de información sobre os barcos e estaleiros de Fene.
Para cada barco construido por ASTANO, ofrece unha moi completa ficha descriptiva e fotos, chegando neste momento ao numero de construcion 273.
Tamén hai moita outra interesante información, como as postais de promoción da seguridade en ASTANO, a historia do estaleiro de Ramón Aguilar, xerme de ASTANO, datos e fotos sobre Bazan e Esteiro, Izar e Navantia, a evolución da situación do naval en Ferrolterra, etc.
Recomendamos unha visita demorada a Fene.com.
(Foto: Tabeiron, NC002, 1943)