Festa da Botadura 2014. Sada

O vindeiro sábado 17 os Patexeiros organizan en Sada a Festa da Botadura 2014. Van botar ao mar a súa nova buceta, Leliadoura, construída polos alumnos das dúas pasadas edicións do curso de carpintería que organizan en Lorbé. Ademais vanse entregar os diplomas da última edición do curso, botaranse ao mar o resto dos barcos da Asociación, haberá actuación de Cántigas da Terra e finalmente rematará o acto cunha merenda para socios, amigos, alumnos e familiares.
 

A Leliadoura é unha buceta do norte feita a partir das plantillas sacadas dunha buceta do Portiño, A Coruña (que agora está no Museo da Salga de Punta Moreiras).