Aberta a reserva de prazas para aloxamento de participantes na Festa do Río, a celebrar en Monforte de Lemos os días 30 e 31 de xullo.
Xestionada por Barcas do Minho, co patrocinio do Concello de Monforte de Lemos, e na que colaboran A Figueiriña-Lanchas do Sil e Barcos do Norte.
As agrupacións interesadas poden obter información adicional na FGCMF, en http://www.barcas.org ou solicitándoa no correo habilitado para o evento en festadorio@barcas.org
Arredor da última semana de xuño será publicado o programa completo de actividades. Como adianto sinalamos a recuperación de lanchas tradicionais do Cabe, que serán utilizadas para paseo acompañadas de outras embarcacións fluviais e marítimas, animación e obradoiros (cesteiro, barro, maquetas, pintura en grande formato, fotografía, xogos populares, contacontos, teatro…), exposicións e relatorios sobre intervencións arquitectónicas en espazo fluvial. Ademais dunha oportunidade para navegar polas augas do interior, na Ribeira Sacra.
Aberta a reserva de prazas para aloxamento de participantes na Festa do Río, a celebrar en Monforte de Lemos os días 30 e 31 de xullo.