Os vindeiros 25 e 26 de xullo vai ter lugar a Festa do Rio en Monforte. Organizada por Barcas do Minho e o Concello de Monforte, ten un amplo e variado programa que inclue paseos en embarcacións polo Cabe.
Este é o quinto ano que se fai esta Festa, unha cita xa consolidada do verán, e no programa faise un repaso ao conseguido nestes cinco anos.