Fishernet. Rede europea de patrimonio pesqueiro

Hoxe presentouse en Muros o proxecto Fishernet, que vai crear unha rede europea de patrimonio pesqueiro.
A iniciativa parte da Confraría de Lira, coa participacion das confrarías de Muros e O Pindo, de COGAMI, de entidades de varios paises, e co financiamento europeo e das Consellerías de Pesca e Cultura.
O proxecto pretende divulgar e poñer en valor o patrimonio pesqueiro, para o que se promoverá o intercambio de coñecementos, de prácticas e de profesionais entre as distintas entidades que forman a rede. A finalidade é identificar as mellores prácticas para que poidan ser aplicadas nestes e noutros territorios e avanzar así na conservación e recuperación do patrimonio pesqueiro. Búscase ademais ampliar os coñecementos e o interese da sociedade xeral sobre este patrimonio.
Maís información