Formación para “SENTIR O MAR”. 24/11 Muros

O GALP Costa Sostible, en colaboración coa ONCE, poñerá en marcha a iniciativa “Sentir o Mar”, grazas á cal colectivos con discapacidade visual poderán achegarse ao mar a través do “sentir” das embarcacións tradicionais
As asociacións con embarcacións tradicionais recibirán formación específica para poder sacar a navegar á xente con esta discapacidade.
Esta formación, que será realizada por persoal da ONCE e pola psicóloga Rocío Gómez Juncal, terá lugar o próximo 24 de novembro ás once da mañá no local da lonxa de Muros e nas propias embarcacións.
Posteriormente, con presenza dá Conselleira do Mar, Rosa María Quintana, presentarase a actividade o próximo 15 de decembro.
#ConselleríadoMar #Pesca #embarcacionestradicionales Xunta de Galicia ONCE #RíadeMurosNoia A Ría da Estrela Muros Cultura Muros Turismo Concello de Muros #Culturmar

Reseña da reunión 

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.