Frota de Culturmar, no Festival de Pasaia

Pasaia Itsas Festibala é o acontecemento marítimo cultural de carácter internacional máis importante da Costa Vasca. Unha vez cada dous anos, Pasaia Itsas Festibala ofrece a oportunidade de gozar do gran patrimonio marítimo-cultural de moitas partes de España e do mundo. E Culturmar, unha vez máis, estivo presente, nesta ocasión cunha frota de 7 embarcacións pertencentes ás asociacións que conforman a nosa Federación. Os desprazamentos puideron levarse a cabo grazas ao financiamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.

Estes son os nomes dos barcos que viaxaron:

  • ‘Habana’, dorna polbeira da Asociación Amigos da Dorna de Portonovo.
  • ‘Nova Maruxa’, dorna da Asociación Cultural e Deportiva Dorna da Illa de Arousa.
  • ‘Dominga’, dorna cordeleira da Asociación Cultural e Deportiva Dorna da Illa de Arousa.
  • ‘Esperenza Liberdade’, gamela da Asociación Cultural e de Tradicións Mariñeiras Gamela
  • ‘Ángela Un’, dorna polbeira da Asociación Cultural e Deportiva Dorna da Illa de Arousa.
  • ‘Virxe do Carme’, dorna xeiteira da Asociación Cultural Real e Ilustre Cofradía da Dorna de Ribeira
  • ‘Lagarta’, dorna xeiteira da Asociación Cultural Mariñeira Os Patexeiros de Sada

Durante 4 días, a localidade vasca de Pasaia transformouse para render tributo ao mar e ás súas xentes. Esta cita, que cada dous anos enche a bahía de Pasaia de cultura marítima, embarcacións de valor patrimonial, cultura, música, gastronomía, artesanía, obradoiros e eventos divulgativos celebra, este ano a súa 3ª edición.

A continuación vos deixamos unha galería de imaxes das nosas embarcacións e a súas tripulacións en Pasaia.