Galego-portugueses en Cadaqués 2006

napraia450

 

A pasada ponte do primeiro de maio tivo lugar a I Festa de la Mar a Cadaqués. Estivo organizada pola Federació Catalana per la cultura i el Patrimoni Marítim i Fluvial.
Pola FGCMF enviose unha delegación bastante numerosa:
11 embarcacións
34 tripulantes
2 trailers e 2 conductores que foron 2 tripulantes mais a maiores.
3 Exposicións (FGCMF. Cultura Maritima e Río).
1 Cesteiro ( o de sempre).

As embarcacións que sairon de Cambados na mañán o Xoves día 27 chegaron a Port Lligat o Venres a noite e no medio dunha forte tramontana foron descargadas en Port Lligat ao carón da casa dun tal Dali e da Gala.
A canda nos chegaron os andaluces, menorquíns, maiorquíns e de Mahó. Tamén por ali apareceu o Koiote coa súa embarcación e os nosos amigos da Federació, que como aconteceu en Cambados estaban esperando a que o vento amainara. Non foi así.

Os barcos cataláns no poideron chegar por mor do vento, e esto impideu que Port Lligat e Cadaques se encheran de velas.

Polo demais todo moi ben. Como non podíamos navegar, falamos e fixemos amigos.

Finalmente, púdose sair o último día.

Temos unhas fotos e podedes ver máis e ler sobre a viaxe no blog de Lajareu, e os que fostedes podedes contar a experiencia no foro.

E como non todo é pasear abaixo podedes ver como se levaron 11 barcos a Cadaqués, que ainda que teñen rodas non subiron sos ao trailer.

cargando450