Galería de imaxes da tradicional festa de ‘Despedida de ano nas antípodas’ de Sada

Aínda que o tempo non acompañou como sería desexable, varios veciños acudiron á cita da asociación Os Patexeiros A C M para festexar a tradicional ‘Despedida de ano nas antípodas’ desde a vila mariñeira de Sada. Este ano, a celebración fíxose coa illa de Samao, cuxa bandeira lucirá nun dos barcos da expedición até rematar as festas do Nadal.

Na despedida non faltaron os doces típidos destas festas, os brindis, as uvas e incluso houbo quen se atreveu a tirar ao mar para celebrar a chegada do novo ano alá polas antípodas.

Aquí vos deixamos algunhas das fotografías máis representativas desta peculiar despedida do ano: