O vindeiro día 1 de xuño vai iniciarse a itinerancia por Galicia do proxecto Galicia en Brest. Estará nos Xardíns de Mendez Nuñez na Coruña.
Esta itinerancia pretende presentar nas grandes poblacións a expedición que representará a Galicia, como pais invitado oficialmente, na Festa Marítima Internacional de Brest, un dos eventos náuticos máis importantes do mundo.
Ese mesmo día será aberto o web da expedición, onde atoparedes unha completa información sobre ela.
A expedición oficial a Brest, organizada e financiada pola Fundación Deporte Galego da Consellería de Cultura e Deporte e coordinada no referido a patrimonio marítimo e embarcacións pola FGCMF, pretende amosar a riqueza e variedade do noso patrimonio marítimo e o traballo desenvolto para a súa defensa e socialización.