Arredor de 1910 Walter Wood percorreu Galicia e escribiu un fermoso libro, A corner of Spain, coa intención de dar a coñecer Galicia aos turistas, ingleses sobre todo, que naquela época empezaban a chegar aos nosos portos.
Nese libro hai algunhas interesantes fotografías, a pesar de que a impresión non é moi boa, entre elas a que aparece arriba e da que o pe di que é un barco de pesca galego. Será Vigo? Será un falucho?
2 cometarios sobre “Galician fishing boat”
Comments are closed.
Vaia sorpresa! Non, non é un falucho como os da ría de Vigo. Pero a foto ten o seu valor documental. Poucas fotos coma esta vín na que aparezan barcos de vela latina. E neste caso, na ría de Pontevedra. O que se ve é unha embarcación mediana de vela latina pero con popa aberta como as dos botes do fondo da ría de Vigo ( o Búrbida é un deles)
Non é un caso único pero os detalles que se observan na foto confirmanme datos que hai uns anos puden recoller da tradición oral dos vellos mariñeiros de Marín. Por iso o valor que teñen as fotos vellas tomadas de perto é inapreciable. Malia a que a ampliación non permite ollar con atención o folio observando o telón de fondo da paisaxe está claro que é a vista que se observa desde a banda sur da ría de Pontevedra.A montaña que se ve ó fondo é o Castrove. Qué lugar exactamente ? Ben habería que velo máis sobre o terreo pero mui posiblemente sexa algún porto de Marín. ( Persoalmente inclínome sobre o porto vello da desembocadura do río Lameiriña entón aínda sen rechear )
Agora iso sí, e polos mesmos motivos, (o exame da paisaxe de fondo,) na mesma páxina na que figura esta fotografía vese claramente un galeón que debeu ser fotografado desde a ribeira sur da ría de Vigo.
E se alguén dubidaba que as mulleres tamén traballaban a bordo dos galeóns ademáis de axudar a desembarcar aquí tendes a proba fotográfica de que cando facía falta tamén tiraban do remo. E pode que esta sexa a foto máis vella que coñezo na que isto aparece claramente na foto como o mesmo autor do pé de foto indica.
E agora digo eu como o Mestre soubo deste libro ? Pouquísimos deben ser os que coñecían da súa existencia.
Saúdos
Pois na Rede, que as veces trae peixe