Esta é outra foto feita por Walter Wood, e foi publicada por Edward Keble Chatterton (1878-1944) no seu libro Fore and Aft. The Story of the Fore & Aft Rig from the Earliest Times to the Present Day no ano 1912.
Como podedes ver polo pe de foto trátase dunha traineira de Vigo, e o interese de Chatterton no barco é pola latina que aparella, ainda que desgraciadamente non se ve como vai amurada e se ten martelo ou non.
Un comentario sobre “Galician sardine boat”
Comments are closed.
Pois pra min que é unha latina amurada sempre a boa. A antena laborea xusto no tope do pao e o mastro vai sin obenques, ainda que asemella que usan a driza a banda contraria pra asegurar ó pao. Por outra parte, a vela parece sen martelo, pero a antena non chega a ó mesmo puño de amura, sinon hasta a primeira faixa de rizos. Diría que é a mesma maniobra do Búrbida con solo unha escota. Outra foto que coñezo que parece unha latina sempre a boa esta na paxina 94 da Guia Nautica de Galicia,pero ista sí é con martelo e vai nunha gamela, probablemente de A Garda.