A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos vai proceder á convocatoria para a constitución dos Grupos de Acción Costeira ao amparo do Eixo 4 do Fondo Europeo da Pesca. A creación destes grupos vai supor unha nova estratexia de xestión e financiamento de proxectos de desenvolvemento territorial e, neste caso, cunha forte vinculación terra-mar. Tratarase de Grupos integrados tanto polo sector pesqueiro (Confrarías, Asociacións e organizacións de productores) como polos axentes locais de carácter social, cultural e económico así como polas Administracións Locais que vaian formar parte destos grupos.
Como entidades culturais calquera entidade da FGCMF pode entrar a formar parte dos GACs e presentar o seu proxecto que redunde nunha mellor calidade de vida das comunidades pesqueiras e conservación do patrimonio e medio ambiente, con moita atención ós aspectos de diversificación económica das actividades pesqueiras como actividades de posta en valor do patrimonio da costa, turísmo, etc.
Para conseguir máis información contactar co CETMAR
3 cometarios sobre “Grupos de Acción Costeira”
Comments are closed.
A 1ª reunión do GAC da Ría de Arousa (zona-5)vai ser o vindeiro luns as 12 da mañán no INTECMAR de Vilaxoán (recibíchedes invitación por e-mail,tfono ou fax. Aquí vaise dar información e tamén se fai unha sesión de traballo: presentación dos asistentes e no seu caso establecer unha sede provisional e unha xestora ate que se configura unha directiva oficial do GAC. Todas as asociacións podedes asistir e sería bo estar e sobre todo nomear un representante dentro do GAC para poder presentar proxectos conxuntos de relieve. (ex. nave-taller comarcal para as embarcación, ….)
Boas, perdoade o atrevemento pois eu non son quen para falar ante toda una FGCMF, pero estes fondos son moi interesantes, e unha estratexia planificada a nivel galego (sendo conscientes do salto que iso significa) é unha oportunidade de ouro para o patrimonio cultural vivo, convén non desperdiciala, pois neste período 2007-20013 Galicia recibe unha cantidade importante de euros da UE para estes proxectos, xestionadas en grande medida pola administración autonómica, neste caso a través de Pesca.
Noutras palabras: sobran euros, faltan ideas … e xestionalas con sentidiño, naturalmente. E niso andamos (algún proxectiño escrito xa hai).
Hugo
PRESENTACIÓN OFICIAL GRUPOS DE ACCIÓN COSTEIRA
Martes 15 as 12.00 h. Pazo de Congresos de Santiago