Case está conseguido, neste momento hai comprometidos 5360 euros dos 6000 precisos para traer o Hidria de volta. Acadouse o 89%, un pouco máis e o proxecto de ter o Hidria en Galicia farase realidade. En dous días téñense que conseguir 640 euros.
Lembrámosvos que pode apoiarse ao Hidria directamente a través da páxina Lanzanos.com, e que para aqueles que non poidan usar este método a FGCMF ten aberta a conta 2080 5414 61 3040112023 onde se pode facer un ingreso indicando no concepto “Apoio Hidria” e logo enviar un correo a fgcmf@culturamaritima.org confirmando o ingreso para así ter un medio de contacto con esa persoa.
A FGCMF comprométese a transferir os ingresos a través de lánzanos.com ao Hidria, e caso de que non se acadasen os 6000 euros a devolver eses ingresos aos doadores. Por suposto os ingresos constarán a nome dos doadores excepto que a persoa indique explicitamente o contrario.
4 cometarios sobre “Hidria: 2 días para conseguir 640 euros”
Comments are closed.
Bos dias a tod@s.
Acabo de ver que xuntaron o 106% do presuposto: meus parabens a Jaboco e Sesé. Espero sauda-los en Outes. Noraboa de novo!
Parabéns a todos e a todas, en especial a Jacobo, a Sesé e á FGCMF. De maneira colectiva fumos quen de acadar que o “Hidria” retorne as nosas Rías. E que fique por moito tempo…
Dionísio.
Moitisimas gracias a todos, sin vos non sería posible. Esperamos estar por ahí no mes de agosto. Sentimos non poder chegar para os encontros non fumos capaces de que o Inspector de buques nos deixe ir sin velo en seco. Eso supon ter que buscar un pouco máis de financiación. Vos teremos informados. Moitas gracias.
Parabéns, Jacobo e Sesé! e grazas a vós por manter vivo o noso patrimonio!. Tamén á FGCMF polo seu especial esforzo en que se conseguise o financiamento en Lánzanos.
Ogallá consigamos entre todos agora que o Hidria II forme parte xa inseparable do perfil da ría de Vigo e Galicia!