Os armadores do Hidria acaban de abrir unha acción de micromecenado para financiar os custos necesarios para poñer a punto o barco e poder levalo a Vigo. O Hidria estará en Porto Cultura, perto do Berbés, nunhas condiciónss aceptables para os armadores que levan moitos anos pelexando por un atraque digno e legal para poder traballar como barco museo ou facendo saídas con visitantes. Parece que por fin a Autoridade Portuaria de Vigo ve as enormes posibilidades que lle ofrece ter este vapor no seu porto.
Os interesados poden axudar en https://www.paypal.com/pools/ c/8fiHdcyBGa