Hidria: recta final

O Hidria acadou os 6000 euros de financiamento que precisaba, pero ainda queda un día no que é posible apoiar economicamente o regreso do barco a Galicia. Neste momento hai recadados 6550 euros, pero para poder regresar Capitanía esixe que o barco vaia ao carro e pase unha inspección, cos custos correspondentes. Os seus armadores teñen previsto chegar a Galicia en agosto, xa que é imposible facer os traballos necesarios antes.

Lembrámosvos que pode apoiarse ao Hidria directamente a través da páxina Lanzanos.com, e que para aqueles que non poidan usar este método a FGCMF ten aberta a conta 2080 5414 61 3040112023 onde se pode facer un ingreso indicando no concepto “Apoio Hidria” e logo enviar un correo a fgcmf@culturamaritima.org confirmando o ingreso para así ter un medio de contacto con esa persoa.

2 cometarios sobre “Hidria: recta final

Comments are closed.