A FGCMF convoca unha homenaxe a Pablo Carrera con motivo da súa marcha da dirección do Museo do Mar de Galicia. Cremos que sobran os motivos para esta homenaxe. Todos os que aman o patrimonio marítimo, os que valoran o traballo de Pablo a prol do patrimonio están convocados á homenaxe o día 26 de novembro.
Todos os anos por estas datas a Escola de Navegación Tradicional da Illa de Arousa organiza a súa cea anual, e en moitas ocasións a FGCMF súmouse a esa cea onde se facía a entrega do Trofeo Galicia de Dornas a Vela.
Este ano tíñase previsto inicialmente organizar unha cea da FGCMF, pero vista a necesidade de facer a homenaxe, considerando que esta época do ano está chea de eventos, e que o 26 de novembro vai haber unha Asamblea da FGCMF, para facilitar a presencia de todos na homenaxe decidiuse que a Homenaxe e as ceas da ENT e da FGCMF sexan unha mesma.
A Homenaxe será no restaurante Tamanaco, na Illa de Arousa (rúa da Torre), ás 22:00 horas o 26 de novembro. Dado que o aforo do restaurante é limitado a 150 persoas, é preciso apuntarse con antelación no teléfono 986 524 845, en horario de 11:00 a 13:00 horas ou no correo fgcmf@culturamaritima.org. O prezo do menú será de 25 euros e o pagamento será no momento da cea.
3 cometarios sobre “Homenaxe a Pablo Carrera na Cea da ENT/FGCMF”
Comments are closed.
Magnífico, este é o segundo capitulo (o primeiro foi o escrito da FGCMF), mais Pablo Carrera merece moito máis.
Sinto, por motivos laborais, non asistir a cea homeaxe a Pablo .
Todos sabemos do bo trato de Pablo a o noso patrimonio máis eu penso que o trato que dou as personas foi indudablemente moito mellor.
O meu recoñecemento . Unha aperta
Tio Mini
Agardo que corra todo como merece Pablo, e tamén poder estar con él
noutra oportunidade xa que en ésta non posibel.
Saúdos a todos e todas
unha aperta Pablo.
Manolo Bacallao