Homenaxe a Staffan Mörling

O vindeiro día 19 de Xaneiro, a FGCMF xunto co Concello de Bueu, Asoc. Os Galos e a Consellería de Pesca, rendirá homenaxe o profesor S. Mörling, polo seu traballo e dedicación ás Embarcacións Tradicionais de Galicia, que o pasado 21 de decembro se enriqueceu coa publicación da súa tese de doutoramento “Lanchas e dornas”

Dende a Xunta Diréctiva animámosvos a participar neste acto de agradecemento o Sr. Mörling, autor no ano 1989 do libro (entre outros) “As embarcacións tradicionais de Galicia” e impulsor do xermen que dou orixe a actual FGCMF.

Na ligazón de arriba atoparedes toda a información necesaria sobre a Homenaxe e algúns datos biográficos sobre o Profesor Mörling.