O vindeiro xoves 21 de xullo, ás 19:00 h vai ter lugar en Caldebarcos, na Fontevella, unha homenaxe ás lanchas do xeito.
Nos 20 anos da recuperación en Caldebarcos do pecio da Marina, a última lancha xeiteira, vaise entregar un pergameo a Francisco Lado, carpinteiro de ribeira, que xogou un papel fundamental na recuperación das xeiteiras, e descubrirase unha placa de homenaxe aos mariñeiros que tripulaban estas lanchas.
Inaugurarase a exposición Mar ao xeito, que recolle a historia das lanchas do xeito e o proceso de recuperación da Marina, haberá lectura de poesía coa presentación do libro Tamén navegar, na que intervirán Francisco Fernández Naval, Carlos Arias, Modesto Fraga, Alexandre Nerium e Miro Villar e rematará o acto cunha sardiñada.