Homenaxe ás lanchas do xeito

O pasado día 21 de xullo tivo lugar en Caldebarcos un fermoso acto de homenaxe ás persoas de Caldebarcos que fixeron posible a recuperación hai 20 anos do pecio da Marina e a construción da Nova Marina, aportando información vital sobre o barco e sobre as técnicas de navegación, posibilitando así que non se perdese unha tipoloxía da que chegou a haber 8000 unidades.
Este feito consolidou e marcou o despegue dos traballos de recuperación do patrimonio marítimo galego.
Na foto de arriba o momento da entrega ao carpinteiro Francisco de Lado dun pergameo de honra.
En Boudevara tendes unha moi boa crónica de Lino Prieto sobre o acto.

(Foto Lino Prieto)