Homenaxe a Luis Rey no Grove o 10 de Agosto

O vindeiro xoves día 10 de agosto terá lugar a partir das 20 horas, na Sala das Cunchas do Concello de O Grove, unha homenaxe a Luís Rei ao seu cumprir o segundo cabodano do seu pasamento.

O acto, que será público, acollerá a presentación do noveno número da revista NOVA ARDENTÍA, editada pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar), no que se recollen varios traballos arredor da figura e traxectoria de Luís como activista cultural e director da propia revista.

Intervirán un representante da directiva de Culturmar, o actual coordinador da revista Emilio Xosé Insua e os membros do equipo de redacción Sole Rei e Francisco Fernández Rei.
Foto de Sole Rei / Ardentía

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.