I Encontro de embarcacións tradicionais Patexeiros 2013. Sada

O vindeiro sábado 22 de xuño vai ter en Sada o I Encontro de embarcacións tradicionais Patexeiros 2013. O evento está organizado pola ACM Patexeiros de Sada.
O programa empezará a media mañá coa apertura dunha exposición e obradoiros de carpintería e oleiría. Logo da comida haberá unha navegación Sada-Miño-Perbes-Lorbé-Sada, e rematará o encontro con mexillóns, sardiñas e música.