O 21 de xuño os Amigos da Dorna de Portonovo organizan a I Regata do Sepelo de Dornas a Vela.
Os Amigos que andan atarefados estes días preparando esta regata e tamén a Jatinha para ir a Brest, pretenden conseguir que co tempo sexa unha das probas estables do calendario de regatas.
3 cometarios sobre “I Regata do Sepelo. Portonovo”
Comments are closed.
Uff !! Por un pouco entendín regata do Sepelio. Echevos paresido pero ser,ser… non vos é o mesmiño Certo ?
Os de Portonovo! que expliquen que é o Sepelo 😉
Pois Sepelo é unha punta da ribeira de Portonovo, situada entre o porto e a praia de Caneliñas(aquí son todo puntas… Bicaño, Sepelo, Seame, Cabicastro…) Por que Sepelo? pois nin idea, pero descoidade que me informarei debidamente (ainda que con toda seguirdade haberá mil historias…)
Nalgunhas cartas ou en mapas topográficos aparece coma Punta de Sopelo ou de San Roque, e para determinada xente, (xuventude sobre todo… ) decir “ir ao Sepelo” significaba ir alí con grata compañía a facer maniobras na escuridade, non sei se me explico. No Grobe, coma a case todo, chámanlle de outra maneira: “Ir ver a pedra que alumbra”…