O ateneo Santa Cecilia de Marín organiza as II Xornadas “O Mar de Marín” do 7 ao 30 de setembro. Durante este tempo estará aberta unha exposición con materiais relacionados coa cultura marítima marinense, que abrirá de 18:00 a 21:00 de luns a venres e de 12:00 a 13:30 os sábados e domingos.
O programa das Xornadas é amplo e moi variado, incluíndo actuacións musicais, conferencias, presentación do prototipo do Museo Naval de Marín, encontro de embarcacións tradicionais, etc.
Hoxe 12 de setembro está previsto que Braulio Puga, membro da A.M.A.D. San miguel de Bouzas, e secretario da FGMCF, dé unha conferencia sobre os traballos de recuperación do patrimonio que Mariñeiros de Bouzas están levando adiante.