Os vindeiros sábado e domingo 19 e 20 de xullo vai ter lugar en Sada a II Xuntanza Patexeira de Embarcacións Tradicionais, organizada como o nome indica polos Patexeiros de Sada.
No programa está previsto que haxa navegacións o sábado e o domingo ás 13:00 e ás 16:30 h. A apertura da carpa Patexeira será o sábado ás 11:00 h e nela haberá exposto material dos Patexeiros, fotografías, e obradoiros de oleiría e carpinterían de ribeira.
O tempo previsto por Meteogalicia sen ser o propio desta época do ano si que permitirá a navegación, máis nunha zona como a de Sada que ten unhas condicións naturais excepcionais para a vela.