III xornadas da Asociación de Museos e Centros de Patrimonio Cultural Marítimo de España


As Terceiras xornadas da Asociación de Museos e Centros de Patrimonio Cultural Marítimo de España terán lugar no Museo do Mar de Galicia os próximos 25 e 26 de Maio baixo o título: Patrimonio Intanxíble Marítimo: retos e oportunidades para a súa posta en valor.
Ademáis do patrimonio intanxible tamén se vai falar da arqueoloxía subacuática á que vai estar adicado o segundo día das xornadas.
Tanto no apartado de patrimonio intanxible como no de arqueoloxía o programa é completo e moi interesante, co obxectivo de coñecer o estado actual da investigación nestes temas, e promover sinerxias entre os actores presentes neste campo, nomeadamente Museos e Centros de Patrimonio e Asociacións e ONGs.
A asistencia é gratuita, previa inscrición.
Máis información, programa e formulario de inscrición

Un comentario sobre “III xornadas da Asociación de Museos e Centros de Patrimonio Cultural Marítimo de España

  1. Noraboa, pareceme moi interesante, o tema a tratar o segundo dia das xornadas “Arqueoloxia subacuàtica”, xa que e donde vai ter que irse, se esto continua asi, pra ollar o patrimonio cultural maritimo de España. O fondo do mar.
    Ista maña chegan malas novas, de novo ante a falta de axudas, ou feitos reais que nos amparen pra o cuidado das nosas embarcaciòns. O Hidria ponse de novo a venta.
    Como acertadamente di o comunicado, levamos moitos anos de charlas, conferencias, reuniòns, etc… pra chegado o dia non ter nin un listado do noso patrimonio.
    Vai sendo tempo pra cas palabras faganse feitos.

Comments are closed.