III Xornadas de Construción Naval en Madeira “Un Mar de Madeira”. Illa de Arousa.

O vindeiro sábado 9 de outubro van ter lugar no Salón de Plenos do Concello da Illa de Arousa as III Xornadas de Construción Naval en Madeira “Un Mar de Madeira”, organizadas por Agalcari.

A entrada é libre, empezarán ás 9:30 e rematarán ás 14:30 h, e contan coa presenza de destacados especialistas na materia, que tratarán aspectos relacionados coa carpintería de ribeira, como a produción e tratamento da madeira, a arquitectura naval en madeira, e o compoñente patrimonial e cultural.

Ao remate entregarase o I premio “Fasquía” en recoñecemento do labor dos mestres carpinteiros de ribeira.

Programa completo

Actualización: o Faro de Vigo da noticia das xornadas e tamén La Voz de Galicia recolle o evento.
Crónica das xornadas no blog da ACD Dorna