Hoxe 20 de desembrolle podemos celebrar a creación da Mariña Tradicional de Muros, proxecto acometido por Portos de Galicia e nacido da iniciativa das asociacións Mar de Muros, Ostreira de Abelleira e Canle de Lira, integrantes de Culturmar.
A obra consistiu na prolongación dun pantalán situado na dársena de Muros, no que amarrará a flota tradicional das tres asociacións, e significa na práctica a creación dun museo no que exhibiremos en vivo unha parte importante da nosa cultura e do noso patrimonio marítimo.
Felicitámonos pola culminación do proxecto, á vez que agradecemos a Portos de Galicia a súa colaboración ao asumir a nosa iniciativa, co desexo de que este espíritu de cooperación poida estenderse a outras iniciativas similares en defensa da nosa cultura.