Inauguración da Salga de Goday. O Grove


View Larger Map

O vindeiro sábado 13 de novembro vai ter lugar a inauguración da restauración da Salga de Goday, en Punta Moreiras, no Grove, que forma parte do Centro da Interpretación da Pesca e da Salga.

A Salga de Goday, e en xeral todas as factorías desta familia no Grove, dende A Barrosa, ao Porto de Meloxo e Lordelo, foron fundadas polo fomentador catalán Manuel Goday Roula, chegado á Ría de Arousa por volta de 1835, deixando os seus negocios do Grove a cargo do seu fillo menor e a súa nora grovense, a parella formada por Josep Goday Llauguer (Canet de Mar, 1808-O Grove, 1865) e Vitoria Deira Prol (O Grove, 1826-1897). A morte prematura de Josep, con 57 anos, fixo que a súa muller 18 anos máis nova e coa que tivo 12 fillos, se puxera á fronte das fábricas, o que a converte nunha pioneira do traballo femenino fóra da casa.

O programa do acto será:

17.00 horas. Recepción por parte do Alcalde e Corporación aos asistentes e visita guiada á Salga.
17.15 horas. Charla do historiador Luís Rei, arredor dos fomentadores cataláns e o conflito da sardiña.
17.30 horas. Charla de Xoán Dopico e Antón Mascato, arredor da familia Goday.
18.45 horas. Saúdas de Alejandro Barral Iglesias, en nome da familia e do Alcalde do Grove, que pechará o acto.
18.00 horas. Visita guiada ao Centro de Interpretación da Pesca e a Salga CIPES.
18.45 horas. Remate dos actos.

Un comentario sobre “Inauguración da Salga de Goday. O Grove

  1. Na realidade foi un usurpador de terreos dos veciños e agora resulta ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡homenaxeado!!!!!!!!!!!!!!!!. Por non falar da explotación da man de obra e doutras cousas. En fin: outra volta máis temos que asistir a todas estas terxiversacións

Comments are closed.