Acaba de inaugurarse en Rianxo a Casa Museo de Manuel Antonio, que para quen non o coñeza éra piloto da mercante e é un dos grandes poetas galegos.
Morto con 30 anos (1930), deixou unha curta pero influinte obra, marcada entre outras cousas polo mar. A foto de arriba é do pailebote Constantino Candeira, barco no que fixo as súas prácticas de piloto, e no que escribiría “De catro a catro”, o seu libro máis coñecido.
Na súa Casa poderanse ver mobles da época, manuscritos, fotografías, libros de navegación, etc, e unha reprodución a escala do Constantino Candeira.
Este é un dos seus poemas non moi coñecido:
Ao capitán Roald Amundsen
que se perdeu n-o Polo NorteGardaba-che un segredo
[1928]
aínda
o mar de neve
A descoberta d’o seu reverso
e ti arroupado n-esa mortalla branca
Oh silenzo xeado!
repetindo aos ouvidos d’o mundo
a vitoriosa voz
Terra!
A noticia en Xornal.com e El Correo Gallego
Foto: galiciasuroeste.info
Texto do poema tirado de Manuel Antonio.Poesía Galega Completa. Edición de Xosé Luís Axeitos
2 cometarios sobre “Inaugurada a Casa Museo de Manuel Antonio”
Comments are closed.
¿Qué pode ter Rianxo para nacer nunha rua( ABAIXO ) sobre 100 metros de longo tres Grandes dás nosas letras,
(Rafael Dieste, Manuel Antonio e Castelao)?.
Unha vez escoitei(non me lembro quén);chamar a esta rua
A MILLA DOURO DÁS LETRAS GALEGAS
OU
A MILLA DOURO DÓS POETAS GALEGOS
Creo que tanto un coma outro estan mais que acertados
Que terá a Ría de Arousa?: Valle, Cabanillas, Asorei. Por non achegarnos os contemporaneos.