Inaugurado oficialmente o IX Encontro


A Conselleira do Mar, Rosa Quintana, xunto ao Presidente da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial -FGCMF-, Víctor Fernández, inaugurou onte, xoves 9 de xullo, ás 17.30h. na vila de Muros, o IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Acompañando a Quintana e Fernández estiveron a Directora Xeral de Comercio, Nava Castro Domínguez; o Director do Museo do Mar de Galicia, Pablo Carrera; o Alcalde de Muros, Domingos Dosil; o Presidente do Comité Organizador, Manuel Sendón; a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, e o Presidente da Comisión de Cooperación e Asistencia a Concellos de A Coruña, Xoan Manuel Cabo.

Sendón, en representación da organización, agradeceu a asistencia e apoio a todalas asociacións e institucións participantes no Encontro. Quintana, pola súa banda, destacou a importancia de iniciativas como ésta, para a conservación do patrimonio galego “e que non desaparezan oficios como o dos carpinteiros de ribeira, nin formas como as dos preciosos galeóns e barcos que temos hoxe aquí”. A continuación, tralo acto, todos os navíos procedentes de diferentes puntos da península e países como Francia ou Portugal, desoregaron as súas velas como símbolo da arribada ó porto de Muros.