Iniciativa para recuperar o barco “El Orzán”

Imaxe: 21noticias.com

“El Orzán” é un barco de ferro construído en 1964 nos estaleiros Paulino Freire, en Vigo. Un grupo de persoas está promovendo unha campaña para a recuperación deste barco para salvagardalo e usalo como museo flotante na Coruña e o pleno do Concello da Coruña do pasado día 10 de setembro aprobou unha moción do BNG neste sentido. “El Orzán” formou parte da flota de Gran Sol da Coruña e posiblemente sexa o barco mais antigo do seu tipo a flote en Galicia. Aínda que orixinariamente era un arrasteiro, ao longo da súa vida sufriu considerables modificacións, sobre todo na súa obra morta, para dedicalo á outro tipo de pesca.

Valoramos positivamente esta iniciativa. “El Orzán” é unha oportunidade. Asi mesmo consideramos que calquera esforzo por salvar “El Orzán” debe ir precedido dun estudo completo que avalie as posibilidades e custos de recuperar o barco e sobre todo avalie as posiblidades de darlle un uso social posteriormente. O patrimonio marítimo é algo valioso e debe ser coidado e respectado, de nada valería salvar o barco se logo a cidadanía non pode desfrutar deste patrimonio.


Ligazóns relacionadas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.