Inscrición aberta para os cursos da Aixola

O centro de formación A Aixola de Marín mantén abertas as inscricións para a súa oferta de cursos dirixidos a persoas relacionadas co sector pesqueiro.

Trátase de formacións moi completas, entre as 300 e as 350 horas de carga lectiva, que permiten profundizar en disciplinas de grande interese como a confección de artes e aparellos, a velería e acastillaxe ou mesmo a autoconstrucción de embarcacións en madeira.

Animamos a todas as persoas interesadas a contactar co centro para informarse das condicións de acceso e realizar a inscrición.

Podedes contactar con A Aixola no teléfono 886 206 915, a través do correo electrónico aixola@cetmar.org ou visitando o seu sitio web aixola.cetmar.org.

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *