O vindeiro sábado 15 de outubro van ter lugar na Casa da Cultura de Boiro as IV Xornadas de contrución naval en madeira “Un mar de madeira”.
Organizadas por Agalcari, contarán cun interesante programa, onde Alberto Lagos, de Estaleiros Lagos, falará sobre o deseño de embarcacións de madeira. Azahara Soilán e Montserrat Rodríguez, técnicos do CIS Madeira, explicarán as vantaxes medioambientais da construción en madeira. Diego García, Subdirector General Adjunto de Seguridad, Contaminación e Inspección da Dirección General de Marina Mercante, falará sobre os aspectos que afectan á regulamentación da construción naval en madeira. Lino Lema, da Consellería do Mar, exporá o plan de actuación para a construción naval en madeira nacido do Proxecto Dorna. E finalmente Gerardo Triñanes, presidente de Agalcari, falará sobre o futuro da construción naval e madeira.
Haberá tamén unha mesa redonda onde os relatores respostarán ás preguntas do público.
Rematará o acto coa entrega do segundo premio Fasquía en recoñecemento do labor dos mestres carpinteiros de ribeira.
O acto, aberto ao público e presentado por Pablo Carrera, Director do Museo do Mar de Galicia, contará coa presenza da Directora General de Marina Mercante, Conselleira do Mar, e Alcalde de Boiro.