Mañá sabado 18 ás 17 h vai ter lugar na praia de Bouzas a Regata de faluchos que chega á súa novena edición organizada por Mariñeiros de Bouzas. Os interesados en participar poderán inscribirse unha hora antes do comezo da regata. Haberá catro categorías e un máximo de 18 participantes por categoría, todos deben saber nadar, e os de categoría infantil deberán contar coa autorización paterna.