Esta semana con motivo do IX Encontro de embarcacións Tradicionais de Bueu estanse levando a cabo unhas actividades organizadas pola Asociación “Os Galos” de Bueu e o Museo Massó.
Onte, falou Emilio Louro sobre o Proxecto Mar de Lira, hoxe,as 20:00h, Sese Otero Castro falará sobre a restauración do Hidria. Mañán, día 14, as 20:00h, farase a presentación do número dous de Ardentía, a revista da Federación. E o venres, Antón Masa, da Asociación pola Defensa da Ría falará sobre a problemática do litoral da ría de Pontevedra.
O sábado, arribarán as embarcacións, e navegarán frente a Bueu. Ás 22:00h terá lugar unha cea para os tripulantes.
O domingo, ás 12:00h farase unha travesía saindo do muelle de Bueu, pasando por Pedra Branca, a Illa do Santo, e regresando a Bueu.
As charlas mencionadas serán no Museo Massó, e así mesmo haberá visitas guiadas no Museo.