José Casal Cerqueira, “Ksal”, foi un maquinista de Coia nos barcos do bacallau en Terranova e logo nos do Gran Sol. Nas longas mareas do bacallau Ksal pintaba e nos seus cadros está o mar e os homes de Terranova, está o traballo e a vida diaria a bordo.
Ata agora practicamente descoñecido aquí a súa única exposición foi en Terranova, en Saint-Pierre-et-Miquelon. Agora esto cambiou. No Instituto Camoens en Vigo, na Casa Arines, están expostos 20 dos seus cadros nun proxecto da Asociación Casco Vello de Vigo coa colaboración de Xurxo Souto de quen parte a iniciativa de recuperación da figura de Ksal.
A exposición que foi inaugurada o pasado venres 9 estará aberta ata o 30 de setembro pero só os venres de 20:00 a 21:30 h. A exposición está acompañada por unha serie de actos :
Venres 16: “Gaiteiros do Mar“, proxección do documental de Martín Rodas. Presentan Xerardo Feijoo e Xurxo Souto a charla cos gaiteiros do Hío protagonistas do documentario e posterior actuación musical deste grupo.
Venres 23: “Tesouros Humanos Vivos” proxección do documental “Isidro Marcial, 1º Tesouro Vivo do Berbés”. Presenta Xerardo Feijoo con posterior conversa con Isidro, un vello mariñeiro do Berbés, e coa xente do barrio relacionada co mar. Ao rematar actuación do Orfeón Mariñeiro do Berbés.
Venres 30: “Vigo/Terranova historias do Bacallau”. Presenta Xerardo Feijoo, colabora Xurxo Souto e todos os veciños que teñan algo que contar ao respecto. Logo actuarán os Falperrys.
Ao remate de cada venres a festa segue nos bares do casco vello tomando uns viños.
Parabéns á Asociación Casco Vello e a Xurxo Souto por recuperar para todos o traballo de Pepe Casal, pintor do mar.
A noticia en: