La huella de Pedro Madruga en Cristobal Colón. Libro

O vindeiro venres 6 de marzo ás 20:00 h vaise presentar no Mercado Tia Ni en Sabarís o libro La huella de Pedro Madruga en Cristobal Colón. O acto contará coa presenza do autor, Angel Carracelas Requejo, de Pedro Martín Gilarranz, secretario da asociación Galicia histórica, e será presentado por José Manuel Rodríguez Crespo.

A teoría do Colón galego, formulada por Celso García de la Riega no século XIX, menospreciada por moitos no seu momento, chegando incluso a acusar ao investigador de manipular os documentos que achegaba como proba da presenza do apelido Colón no século XV en Pontevedra, parece tomar forza logo de que o Instituto de Patrimonio Cultural de España (IPC) confirmara a autenticidade dos documentos. Son varios os blogs dedicados a difundir os traballos sobre esta teoría: Asociación Cristobal Colón Galego Celso García de la Riega, Asociación Cristobal Colón Galego, Colón era galego, ou Cristobal Colón. Teoría gallega