La patrimonialització de la cultura marítima. Libro


Presentouse onte o libro La patrimonialització de la cultura marítima, coordinado por Joan Lluís Alegret Tejero e Eliseu Carbonell Camós. O libro está editado polo Institut Català de Recerca en Patrimoni Cultural, e recolle traballos de varios autores sobre os procesos de patrimonialización das formas culturais vinculadas ao mar, e máis alá do patrimonio en si mesmo o libro interésase polo xeito en que se está a construír e como se utiliza ese patrimonio. Entre os autores que participan no libro está Dionisio Pereira co traballo Antagonismo e memorias cruzadas na pesca: o caso galego.