A Deputación de Lugo organiza o programa Lugoteando, con actividades lúdicas e deportivas. Este ano dentro deste programa oferta a modalidade Ligoteando, que inclue a posibilidade de facer un paseo en batuxo para dous (con remeiro) polo rio Miño. Esta oferta inclue degustación de productos autóctonos.
Os batuxos son construidos por un taller de carpintería adicado á construción de embarcacións tradicionais promovido pola A.C. Casa do Barqueiro.
Esperemos que iniciativas como esta sirvan para que os rios, e en especial o Miño, volvan ter a actividade de navegacion tradicional lúdica que tiveron antigamente.